Benvidos/as
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), organiza o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Nesta ocasión, o congreso celebrarase en OURENSE do 23 ao 25 de OUTUBRO de 2025. É a SEGUNDA vez que a SGAPEIO celebra na nosa cidade o seu congreso bienal, despois de que no 2009 tivese lugar o IX Congreso. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que intentaremos facer mais atractiva a participación. O obxectivo deste congreso é contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e da Investigación de Operacións.
II Xornadas Innovación Docente na Estatística e Investigación de OperaciónsMáis información |
---|
O Comité Organizador convida a todos aqueles vinculados coa Estatística e a Investigación de Operacións a participar nestas xornadas, amosando as súas experiencias e resultados máis recentes. Agardámosvos EN OURENSE!
O Comité Organizador.
ORGANIZA |
---|
PATROCINA |
---|