Mesas redondas

Na presente edición do congreso da SGAPEIO están organizadas dúas mesas redondas:

 

Estatística na PAU: Avaliación por competencias

Moderador:

  • Iván Área Carracedo (Universidade de Vigo). Catedrático de Universidade do Dpto. de Matemática Aplicada II e delegado do Reitor na CIUG.

Participantes:

  • José María Alonso Meijide (USC). Catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC. Director do grupo de traballo da materia Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.

  • Concepción Aramburu Sánchez (Xunta de Galicia). Inspectora de Educación na sede territorial da Coruña. Membro do grupo de traballo da materia Matemáticas II.

  • María Mercedes Besada Hermida (Xunta de Galicia). Profesora de Matemáticas no IES Valle Inclán (Pontevedra). Membro do grupo de traballo da materia Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.

  • Óscar López Pouso (USC). Profesor Titular de Universidade do Departamento de Matemática Aplicada. Director do grupo de traballo da materia Matemáticas II.

 

A deriva da Estatística Oficial
Esta mesa redonda responde á necesidade de abordar a interrelación e convivencia dos diferentes orixes de datos na estatística pública. A aparición de novas fontes de datos como o emprego de datos de fontes externas (datos de posicionamiento de dispositivos móbiles, datos de tarxetas bancarias..) e a explotación cada vez máis intensiva de rexistros administrativos conviven coa realización de enquisas específicas. Como integrar de forma eficaz as diferentes fontes é un reto que se debe abordar tanto desde o punto de vista metodolóxico como operativo.

Moderadora:

  • Isabel del Río Viqueira. Subdirectora de Síntese, Análise e Difusión do IGE.

Participantes:

  • Esther López Vizcaíno Xefa do Servizo de Difusión e Información. Instituto Galego de Estatística.

  • María Novás Filgueira. Subdirectora General de Metodología y Diseño de Muestras. Instituto Nacional de Estadística.

  • Jaime Leirós Alonso de Velasco. Xefe de Área de Estudos e Investigación. Axencia de Turismo de Galicia.

  • Soly Santiago Pérez. Servizo de Información de Saúde. Dirección Xeral de Saúde Pública. Conselleria de Sanidade.