Programa Social
Xoves 23 outubro 2025 |
---|
VISITA AOS TELLADOS DA CATEDRAL BASÍLICA DE SAN MARTIÑO DE OURENSE e CIDADE DE OURENSE
O xoves 23 de outubro de 2025 ás 16:00 terá lugar unha visita guiada áos tellados da catedral de San Martiño de Ourense e paralelamente un percorrido pola cidade vella de Ourense. A duración aproximada de cada visita será dunha hora.
Para máis información, consultar a Catedral de Ourense
Transporte: sairá un autobús da sede do congreso e levará aos participantes ao centro da cidade (Parque da Alameda). Unha vez concluída a visita, colleremos outra vez o autobús no mesmo sitio, para continuar coas seguintes actividades sociais programadas.
VISITA ÁS TERMAS DE OUTARIZ
O xoves 23 de outubro de 2025 ás 18:00 realizarase unha visita ás termas de Outariz. As Termas de Outariz son unha das instalacións termais máis visitadas da cidade de Ourense. Inspirada na cultura balnearia de Xapón, o Onsen, que se basea nos principios de respecto e harmonía coa natureza. Lugar de paz e tranquilidade, trátase dun espazo onde gozar dunhas horas de relax e evasión ao alcance de calquera. O recinto termal, con capacidade para 180 persoas, dispón de 11 termas exteriores e 3 interiores organizadas en 2 circuítos. .Para máis información, consultar Termas de Outariz

O uso das termas, terá unha duración máxima de 2h, ao término serviranse un ágape na terraza do establecemento
Transporte: sairá un autobús ás 18:00 da Alameda (ao lado da praza Maior) e levará aos participantes ata Outariz. Unha vez concluída a visita, o autobús deixará aos participantes de novo na estación de Tren/Autobús, Sede do congreso e Parque da Alameda.