Premio ao mellor póster MTE
1. Convocatoria.
Con motivo do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas (MTE) das tres universidades galegas, co apoio da SGAPEIO, convoca o concurso Pósters MTE para póster de estatística e investigación operativa realizados por estudantes do devandito máster.
2. Participantes.
Poderán participar os/as estudantes matriculados/as no máster no curso 2024/2025. A participación será a título individual, permitíndose unha única participación por estudante. Non haberá límite de concursantes para cada universidade.
Os participantes no concurso realizarán un póster de estatística e/ou investigación de operacións, nunha das seguintes categorías:
-
Categoría A: O alumnado de primeiro ou segundo curso que non defendese o TFM (nin vaia facelo) neste curso 2024/2025, poderá facer un póster dun tema relacionado con algunha das materias cursadas, mesmo dalgún traballo que tivesen que entregar.
-
Categoría B: O alumnado que defendese o seu TFM no curso 2024/2025, en calquera das súas convocatorias (xaneiro, xullo ou setembro), terá que elaborar un póster relacionado co seu traballo fin de máster.
3. Inscrición.
Para participar, ademais de cumprir os requisitos do apartado 2 debese de indicar no momento de enviar a comunicación.
Plantilla a empregar:
Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf) | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
---|---|---|---|---|
Modelo Word | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Modelo OpenDocument | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Prazo de envío dos traballos (póster e resumo): 12 de setembro de 2025
Os traballos presentados en formato póster terán un espazo máximo de 1189 × 841 mm ou 33.1 × 46.8 in (formato A0). A organización proporcionará os recursos necesarios para a súa disposición.
4. Xurado e valoración dos pósters.
Cada póster será revisado de forma independente por dous avaliadores, que emitirán un primeiro informe de valoración. A organización do concurso, con base nestes informes, realizará unha preselección dos pósters presentados dentro de cada categoría que serán remitidos ó xurado para o seu veredicto.
Na valoración dos pósters, teranse en conta os seguintes aspectos:
-
Orixinalidade do tema.
-
A calidade e innovación na presentación do póster.
-
As conclusións e a análise crítica do póster.
O xurado estará composto por 5 membros: un representante do Comité Organizador do XVII Congreso da SGAPEIO, os coordinadores do máster e un representante dos departamentos con docencia no máster. A decisión do xurado será inapelable e os premios poderán ser declarados desertos por proposta deste. A resolución do xurado darase a coñecer mediante correo electrónico a todos os participantes e publicarase na páxina web do máster o 3 de outubro de 2025.
5. Premios.
Concederase un premio en cada unha das categorías. A cada póster premiado corresponderalle un ano de inscrición á SGAPEIO, así como a inscrición ao XVII Congreso da SGAPEIO. Tódolos participantes recibirán un diploma que acredite a súa participación no concurso.
6. Reserva de dereito.
A SGAPEIO reserva para si o dereito a modificar as condicións do premio sempre que concorra causa xustificada.
7. Aceptación das bases do concurso.
A participación no premio supón a plena aceptación das súas bases.
8. Confidencialidade e dereitos de propiedade intelectual.
O contido dos póster que se presenten, así como tódolos datos e documentación achegada, terán carácter absolutamente confidencial e acceso restrinxido, e como tales serán tratados tanto pola organización dos premios como polo xurado.
9. Premiados en edicións anteriores.
-
XV SGAPEIO (Santiago de Compostela, 2021)
-
Desenvolvemento dun indicador de alta frecuencia para o seguimento da economía española, presentado por Lucía Gil Rial.
-
Bound-tightening, presentado por Ignacio Gómez Casares
-
Optimización dos circuitos de pacientes do hospital de dia de oncoloxia, presentado por Adrián González Maestro
-
XI SGAPEIO (A Coruña, 2013)
-
Estudio comparativo de selectores de ventana. Estimación tipo núcleo de la densidad, presentado por Alejandro Saavedra Nieves.
-
Teoría estadística de la trasmisión de apellidos: los procesos de ramificación de Galton-Watson, presentado por Jose Ameijeiras Alonso