II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións e XIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), en colaboración coa Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), organizan as II XORNADAS DE INNOVACIÓN DOCENTE NA ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN DE OPERACIÓNS. Ditas xornadas correspondense coa XIII XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada, dirixida a profesorado de ESO, bacharelato e universidade, impartirase o venres 24 de outubro pola tarde e o sábado 25 de outubro pola mañá na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da UVigo no seu campus de Ourense.

Solicitada a homologación pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, cun recoñecemento de 8 horas.

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Venres 24 de outubro (tarde) e sábado 25 de outubro (mañá) de 2025.

Venres 24 outubro 2025
16:00 – 16:10 Inauguración das xornadas
16:10 – 18:00 OBRADOIRO: Taller Maestr@ Yoda

Docentes:

  • Mercedes Conde Amboage. Profesora Contratada Doutora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela.

18:00 – 18:15 Descanso
18:15 – 20:00 OBRADOIRO: Métodos e recursos para a aplicación da Intelixencia Artificial no ensino da ESO e Bacharelatos.

Docentes:

  • Pedro Cuesta Morales. Profesor Titular de Universidade do Departamento de Informatica da Universidade de Vigo.

Sábado 25 outubro 2025
9:00 – 10:15
SESIÓN DE TRABALLOS
Exposición de proxectos de innovación docente en Estatística e Investigación de Operacións
10:15 – 11:30 MESA DE DEBATE: Tema Estatística na PAU: Avaliación por competencias.

Moderador: Iván Area Carracedo (Universidade de Vigo). Catedrático de Universidade do Dpto. de Matemática Aplicada II e delegado do Reitor na CIUG.

Participantes:

  • José María Alonso Meijide (USC). Catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC. Director do grupo de traballo da materia Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II

  • Concepción Aramburu Sánchez (Xunta de Galicia). Inspectora de Educación na sede territorial da Coruña. Membro do grupo de traballo da materia Matemáticas II.

  • María Mercedes Besada Hermida (Xunta de Galicia). Profesora de Matemáticas no IES Valle Inclán (Pontevedra). Membro do grupo de traballo da materia Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.

  • Óscar López Pouso (USC). Profesor Titular de Universidade do Departamento de Matemática Aplicada. Director do grupo de traballo da materia Matemáticas II.

11:30 – 12:00 Descanso
12:00 – 13:00 CONFERENCIA PLENARIA: "Estatística: de arma de poder a clave da ciencia"

Relator: Anabel Forte Deltell

Licenciada en Matemáticas (2005) e Estatística (2006) pola Universitat de València, onde tamén obtuvo o seu doctoramento en Matemáticas en 2011. Tras un período postdoctoral na Universitat Jaume I de Castellón, regresou á Universitat de València, onde actualmente é profesora titular.
A súa investigación centrase en técnicas estatísticas para a selección de modelos, área na que colabora con grupos de Europa, Estados Unidos e Australia, publicando máis de 40 traballos en libros e revistas científicas. Actualmente, dirixe o Máster en Bioestatística da Universitat de València e codirixe a Cátedra de "Brecha Digital de Género".
No ámbito da divulgación, coordina o proxecto StatWars dentro da Rede Nacional de Bioestatística (Biostatnet) e é guionista e presentadora das Píldoras para comprender e utilizar a Información da Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa. Ademáis, participa en programas de radio como Raíz de 5 en Radio 5, e escribe no seu blog BayesAna: Estatística (casi) por todas partes, galardonado como mellor blog de ciencia nos Premios 20Blogs 2021. É tamén autora do libro ¿Cómo sobrevivir a la incertidumbre? (NextDoor Publishers, 2022).

13:30 – 14:00 Acto de clausura


004

*E de sociedades con acordos de reciprocidade (SEIO, SPE, RSME e AGAPEMA)

Período de inscrición: aberto ata o 20 de outubro de 2025


Para inscribirse nas xornadas hai que realizar os pasos indicados na inscrición xeral ao congreso e seleccionar a opción de inscrición a estas xornadas no formulario.


    As persoas que participan nas xornadas poderán enviar as súas experiencias docentes en Estatística e IO baseadas na innovación e implantación de melloras na aula, que se presentarán de forma oral na correspondente sesión o sábado 25 de outubro, pola mañá.

    Formato

    As comunicacións poderán presentarse en galego, español, portugués ou inglés. O traballo pódese redactar en formato LaTex ou Word, pero enviarase en formato PDF. O documento incluirá necesariamente un resumo, un mínimo de 4 palabras chave e a bibliografía. Non hai extensión mínima, e recoméndase unha extensión máxima de 12 páxinas. É importante que o estilo se adapte ao modelo de redacción creado para estas xornadas.

    Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf) GAL ESP ENG PT
    Modelo Word GAL ESP ENG PT
    Modelo OpenDocument GAL ESP ENG PT

    Os traballos recibidos serán revisados polo Comité Científico do XVII Congreso da SGAPEIO e o resultado da revisión notificarase por correo electrónico no prazo anunciado.

    Datas límite importantes

    • Envío de traballos: 05 de setembro de 2025

    • Notificación de aceptación / rexeitamento: 30 de setembro de 2025

    Política de cancelación

    Para cancelar a inscrición nas xornadas, débese solicitar por escrito vía correo electrónico á dirección congreso.sgapeio2025@uvigo.gal antes do 30 de setembro de 2025. Despois da antedita data, non se poderá realizar o reembolso da cota.