Programa Social


Xoves 23 outubro 2025

VISITA AOS TELLADOS DA CATEDRAL BASÍLICA DE SAN MARTIÑO DE OURENSE e CIDADE DE OURENSE

O xoves 23 de outubro de 2025 ás 16:00 terá lugar unha visita guiada áos tellados da catedral de San Martiño de Ourense e paralelamente un percorrido pola cidade vella de Ourense. A duración aproximada de cada visita será dunha hora.

Para máis información, consultar a
 Catedral de Ourense

004

Transporte: sairá un autobús da sede do congreso e levará aos participantes ao centro da cidade (Parque da Alameda). Unha vez concluída a visita, colleremos outra vez o autobús no mesmo sitio, para continuar coas seguintes actividades sociais programadas.



VISITA ÁS TERMAS DE OUTARIZ

O xoves 23 de outubro de 2025 ás 18:00 realizarase unha visita ás termas de Outariz. As Termas de Outariz son unha das instalacións termais máis visitadas da cidade de Ourense. Inspirada na cultura balnearia de Xapón, o Onsen, que se basea nos principios de respecto e harmonía coa natureza. Lugar de paz e tranquilidade, trátase dun espazo onde gozar dunhas horas de relax e evasión ao alcance de calquera. O recinto termal, con capacidade para 180 persoas, dispón de 11 termas exteriores e 3 interiores organizadas en 2 circuítos. .
Para máis información, consultar
 Termas de Outariz

 

004

O uso das termas, terá unha duración máxima de 2h, ao término serviranse un ágape na terraza do establecemento

Transporte: sairá un autobús ás 18:00 da Alameda (ao lado da praza Maior) e levará aos participantes ata Outariz. Unha vez concluída a visita, o autobús deixará aos participantes de novo na estación de Tren/Autobús, Sede do congreso e Parque da Alameda.



Venres 24 outubro 2025

VISITA AO MUSEO DO VIÑO E DEGUSTACIÓN

O venres 24 de outubro de 2025 ás 18:15 terá lugar unha visita guiada ao Museo do Viño de Galicia situado en Santo André de Camporredondo (Ribadavia). O Museo do Viño de Galicia forma un conxunto monumental de singular relevancia no Ribeiro con trazas clasicistas ao servizo dunha das súas funcións orixinarias: a elaboración de caldos que transitaban cara a Compostela, pero adaptada, logo da súa rehabilitación, ás necesidades actuais deste tipo de infraestruturas culturais. Foi reconstruído no século XVIII como casa de priorado para explotación vitícola dependente do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela e convertido, tras a desamortización de Mendizábal, na casa reitoral de Santo André de Camporredondo, lugar da parroquia na que se atopa.
O edificio foi rehabilitado pola Xunta de Galicia para convertelo en Museo do Viño de Galicia. A súa misión é a comprensión do proceso histórico de creación das paisaxes do viño en Galicia a través de bens culturais relacionados co universo vitivinícola galego e dos seus protagonistas.

Para máis información, consultar a  Museo do Viño

 

004




Transporte: sairá un autobús ás 18:15 da Sede do congreso. Unha vez concluída a visita, aproximadamente ás 20:30 o autobús deixará aos participantes na estación de Tren/Autobús e posteriormente na Sede do congreso.